PROGRAMA LUGO POP UP STORE

O plan de acción proposto pretende dar continuidade a actividade levada  a cabo pola asociación nos últimos tempos, en relación co emprendemento e coa consolidación empresarial. Como o propio nome do programa indica, as tendas pop up son instalacións temporais que aparecen e desaparecen ó cabo dun tempo co obxectivo de dar a coñecer un determinado produto/servizo ou marca. Locais baleiros e  espazos infrautilizados  convertense así no lugar axeitado para desenvolver esta nova tendencia comercial. As actividades a realizar serán as seguintes:

  • Localización de locais baleiros susceptibles de utilizar para a promoción temporal de novos produtos/servizos acordando cos propietarios condicións de uso asequibles ós emprendedores.
  • Plans de dinamización comercial dirixidos a distintos tipos de establecementos (restaurantes, comercio, artesanía, etc.) que se deseñarán de xeito individual ou conxunto adaptándose as demandas dos negocios implicados no devandito plan.
  • Deseño de accións de promoción e marketing de alto impacto e baixo coste (marketing de guerrillas, Street marketing, etc.) para aquelas empresas que precisen dar un impulso aos seus produtos ou servizos.
  • Revitalización de espazos e locais con usos alternativos nas zonas rurais, destinados a atividades de posta en valor de iniciativas empresariais locais, patrimonio cultural e artístico, monumentos, etc.
  • Colaboración coas empresas da provincia de Lugo nos seus procesos de consolidación como negocio e de internacionalización, aproveitando os recursos dos que dispón a asociación mediante o seu programa de prácticas de Erasmus.
  • Cooperación con asociacións de produtores, consellos reguladores, etc. que queiran desenvolver programas de comercialización e promoción de produtos (deseño de logotipos, etiquetas identificativas, accións de marketing, etc.)
  • Fomentar a colaboración entre as distintas empresas e entidades para levar a cabo proxectos de dinamización territorial en toda a provincia.
  • Apoio na tramitación de solicitudes de alumnos de Erasmus con perfiles axeitados a todas aquelas empresas ou entidades interesadas.

 

PROGRAMA EXPRESS-ARTE

O programa deséñase prevendo atender a 30 persoas que cumpran os requisitos para seren beneficiarias. Considérase que dará comezo en outubro de 2017 coas entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais. Nas actuacións incluídas no itinerario de inserción tentarase ter varias intervencións, con cada unha das participantes para o deseño do seu itinerario de búsqueda de emprego, realizando un seguimento e acompañamento continuados durante todo o período de duración do programa.

Ademais das actuacións previstas para os itinerarios de inserción no artigo 7.2.1 da Resolución de convocatoria, realizaranse encontros con persoas emprendedoras, principalmente mulleres, para que lles transmitan as súas experiencias na posta en marcha das súas iniciativas empresariais. Dependendo dos perfís e intereses das participantes os encontros poderán ser grupais ou individuais.

Tamén se presentarán dentro dos itinerarios “estudios de caso” de iniciativas empresariais que estean relacionadas cos ámbitos laborais nos que as participantes poidan ter maiores posibilidades de inserción, analizando coa participación da persoa implicada as posibilidades de levar a cabo unha iniciativa semellante, os recursos necesarios, as dificultades a superar, etc.

Plantéxanse dúas  accións formativas, unha de 20 horas de duración, “Obradoiro de expresión I” (a impartir no 1º período)  outro de 40 horas  “Obradorio de expresión II”  (a impartir no 2º período), nos cales se traballará, a expresión corporal e emocional, o control do corpo e os movementos, o empoderamento persoal, a asertividade, afrontamento da ansiedade e pasividade nas interaccións sociais, entender o conflito como proceso para chegar a acordos, aumentar o locus de control persoal, ficcionar situacións estresantes e mellorar as capacidades para afrontalas, proporcionar ferramentas de comunicación asertiva.

Para que sexa efectivo considérase que o máximo de persoas a incorporar en cada obradoiro é de 10, plantexando realizalo en sesións de mañá ou tarde, de 4 horas, de luns a venres . Prevese a realización para os tres grupos dos Obradoiros de expresión I  entre outubro e novembro, e os Obradoiros de expresión II entre decembro, xaneiro e febreiro.  

Prevense outras 40 horas de formación a través do “Obradoiro de empresa e autoemprego”, no cal se tratarán temas relacionados coa creación de empresas, xa que o autoemprego é unha das vías que, en consonancia cos fins da asociación, máis queremos potenciar, xunto coas fórmulas cooperativas e de economía social. Como obxectivo da asociación, intentarase que algunha das participantes consiga facer viable a súa propia idea empresarial e explorar as posibilidades do cooperativismo entre elas. As propias características deste curso tamén aconsellan facer tres edicións con 10 participantes en cada unha.

A motivación principal para a separación en grupos de 10, é reducir a posibilidade de que as participantes na edición anterior coincidan entre elas, obrigando ás que repitan a experimentar inseguridades e medos que xa non terían ó estar nun entorno familiar, situación que lles permitirá mellorar e seguir traballando o seu autocontrol.

Durante o desenvolvemento das accións formativas prevese a realización de actuacións de apoio á conciliación para que as participantes que o necesiten poidan asistir e adquirir os coñecementos que se consideran necesarios para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral. Enténdese que durante as prácticas non laborais a situación é asimilable como se estivesen traballando contratadas, e nese caso deben xestionar pola súa conta a resolución desa situación, xa que esa é a vida real.

Tentarase realizar as xestións oportunas para que ao remate das accións formativas o maior número de beneficiarias poidan realizar prácticas en empresas. A súa duración concretarase tanto coas empresas como coas participantes que se asignen a cada unha, en función dos obxectivos a alcanzar por ambas partes. Priorizaranse aqueles ámbitos laborais nos que as beneficiarias poidan ter maiores posibilidades de inserción por conta allea. O ideal é atopar empresas que necesiten persoal e que o período de prácticas sirva de aprendizaxe para a participante e para o coñecemento mutuo entre ela e a empresa, e que ao remate poida ser contratada. Maioritariamente as horas de prácticas en empresas desenvolveranse durante o segundo período de execución do programa. As empresas contactadas para que as alumnas realicen prácticas son Arenal, Inditex, Clece, Limpezas Ramos Lourés e Cervexería A Plaza, aínda que non se descarta establecer novos contactos á vista dos perfís das participantes. Clece e Cervexería A Plaza asinaron tamén compromisos de contratación.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR