PROGRAMA

O nome escollido para programa RECICL-ARTE, fai referencia a que tanto as persoas como as cousas poden ter unha segunda vida se son tratados cos coidados axeitados.

O programa deséñase prevendo atender a 25 persoas que cumpran os requisitos para seren beneficiarias. Considérase que dará comenzo en outubro de 2018 coas entrevistas individualizadas para realizar as diagnoses individuais. Nas actuacións incluídas no itinerario de inserción tentarase ter varias intervencións, con cada unha das participantes para o deseño do seu itinerario de búsqueda de emprego, realizando un seguimento e acompañamento continuados durante todo o período de duración do programa.

Ademais das actuacións previstas para os itinerarios de inserción no artigo 7.2.1 da Resolución de convocatoria, realizaranse encontros con persoas emprendedoras, principalmente mulleres, para que lles transmitan as súas experiencias na posta en marcha das súas iniciativas empresariais. Dependendo dos perfís e intereses das participantes os encontros poderán ser grupais ou individuais.

Tamén se presentarán dentro dos itinerarios “estudios de caso” de iniciativas empresariais que estean relacionadas cos ámbitos laborais nos que as participantes poidan ter maiores posibilidades de inserción, analizando coa participación da persoa implicada as posibilidades de levar a cabo unha iniciativa semellante, os recursos necesarios, as dificultades a superar, etc.

Plantéxanse  accións formativas por un máximo  de 80 horas para o primeiro período, e de 240 horas para o segundo, relacionadas coa temática exposta anteriormente. No Obradoiro de Restauración e Reciclaxe, as participantes realizarán unha exposición cos traballos realizados ao remate da mesma.

Para que sexa efectivo considérase que o máximo de persoas a incorporar en cada obradoiro é de 10, plantexando realizalo en sesións de mañá ou tarde, de 4 horas, de luns a venres.

Durante o desenvolvemento das actividades do programa prevese a realización de actuacións de apoio á conciliación para que as participantes que o necesiten poidan asistir e adquirir os coñecementos que se consideran necesarios para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.

Tentarase realizar as xestións oportunas para que ao remate das accións formativas o maior número de beneficiarias poidan realizar prácticas en empresas. A súa duración concretarase tanto coas empresas como coas participantes que se asignen a cada unha, en función dos obxectivos a alcanzar por ambas partes. Priorizaranse aqueles ámbitos laborais nos que as beneficiarias poidan ter maiores posibilidades de inserción por conta allea. O ideal é atopar empresas que necesiten persoal e que o período de prácticas sirva de aprendizaxe para a participante e para o coñecemento mutuo entre ela e a empresa, e que ao remate poida ser contratada. Maioritariamente as horas de prácticas en empresas desenvolveranse durante o segundo período de execución do programa. As empresas contactadas para que as alumnas realicen prácticas son Arenal, Inditex, Clece S.A., Limpezas Ramos Lourés e Restaurante Petisco, aínda que non se descarta establecer novos contactos á vista dos perfís das participantes, alomenos dúas delas asinaron compromisos de contratación

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR