CONVOCATORIA

A Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL) nace en 2004 coa finalidade principal de fomentar e difundir a cultura emprendedora entre a poboación xóven no ámbito xeográfico da provincia de Lugo, realizando todo tipo de accións orientadas á creación de empresas e a súa consolidación, en base á mellora da súa competitividade e o fortalecemento das relacións comerciais. Entre os fins principais da asociación, recollidos no artigo 2º dos seus estatutos, destacan a promoción da implantación de dispositivos de igualdade de oportunidades e a redución dos desequilibrios entre homes e mulleres en canto ao acceso ao mercado laboral, así como a loita contra a segregación horizontal e vertical da muller en dito ámbito.

Vista a “RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo  programa operativo FSE Galicia 2018-2019, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018”, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 135, do 16 de xullo de 2018), AXEL desexa concorrer a dita convocatoria, para o que procede a deseñar un programa de inserción laboral dirixido especificamente para este colectivo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR